Concurso Internacional de Canto Compostela Lírica
A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela constitúe unha entidade sen ánimo de lucro, que actúa en Santiago de Compostela e na sua área metropolitana. As súas finalidades son o cultivo e fomento da ópera e de todas aquelas actividades, incluídas as pedagóxicas, que poidan levar a unha expansión e a un maior coñecemento da mesma.
O concurso pretende contribuir, na medida das súas posibilidades, ó desenvolvemento artístico dos novos e das novas intérpretes, ofrecendo aos premiados a oportunidade de integrarse en entornos profesionais reais. A través de recitais, colaboracións con institucións musicais e posibles participacións en programacións líricas, preténdese favorecer un primeiro contacto co ámbito profesional que complemente a súa formación e lles permita adquirir experiencia escénica en contextos diversos.
A primeira edición tivo lugar no ano 2018. Na actualidade celebráronse oito edicións, todas elas con gran éxito de participantes e cunha excelente acollida por parte do público e de todas as entidades e organismos colaboradores.
O Concurso conta co patrocinio e a colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, do Concello de Santiago de Compostela, do Consello da Cultura Galega, da Fundación José Otero – Carmela Martínez, do Auditorio de Galicia, da orquestra Real Filharmonía de Galicia, da Ópera de Oviedo, do Festival Les Musicales du Luberon e de Viaxes Zonda.
O desenvolvemento e organización é levado a cabo por Amigos da Ópera de Compostela.

Bases IX Concurso Canto
Concurso Internacional de Canto Compostela Lírica A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela constitúe unha entidade sen ánimo de lucro, que actúa en Santiago de Compostela e na sua área metropolitana. As súas finalidades son o cultivo e fomento da ópera e de todas aquelas actividades, incluídas as pedagóxicas, que poidan levar…

IX Concurso Internacional de Canto Compostela Lírica
Concurso Internacional de Canto Compostela Lírica A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela constitúe unha entidade sen ánimo de lucro, que actúa en Santiago de Compostela e na sua área metropolitana. As súas finalidades son o cultivo e fomento da ópera e de todas aquelas actividades, incluídas as pedagóxicas, que poidan levar…

VIII Concurso de Canto Compostela Lírica
Gañadores
1º Premio LADA BOČKOVÁ, soprano
2º Premio NAZAR MYKULYAK, barítono
3º Premio DANIEL KFELIR, barítono

VI Concurso de Canto ‘Compostela Lírica’