Xoves 18 e venres 19 de decembro – Auditorio de Galicia: 20:30h
Sete coros afeccionados galegos , xunto coa Real Filharmonía de Galicia, participan nesta edición do proxecto «Cantamos!». Contará coas voces da mezzosoprano galega Andrea Rey e o barítono Milan Preisic, cantante serbio que o pasado ano gañou o premio do Concurso de Canto Compostela Lírica organizado pola nosa asociación, colaboradora no proxecto.
Esta terceira edición da iniciativa participativa estará centrada na ópera. Desta maneira, o repertorio, baixo a dirección de Javier Fajardo, incluirá aberturas, coros e arias das óperas máis representativas de Mozart, Rossini, Verdi, Donizzeti e Bizet. Os coros participantes nesta edición son: o coro Cámara Thalasa (Marín), os das asociacións Músico Crisanto (Rábade) e Amigos do Camiño de Santiago (Lugo); así como os composteláns Asubío, o da Escola Municipal de Música de Santiago, o Crecente e Sons do Solovio



